CONSULTORÍA EN FORMACIÓN

Os recursos humanos representan a estratexia máis importante da empresa. Son máis valiosos que calquera outra vantaxe competitiva, que todo factor clave de éxito e que toda estratexia. As persoas son un recurso estratéxico insubstituible polos seus coñecementos e pola súa capacidade de pensar, solucionar e responder ante os conflitos. Por iso, no deseño dos plans formativos é preciso incidir nas tres categorías necesarias para unha adecuada capacitación e desempeño no traballo, o que formativamente en ÁREA 3 denominamos a CHA: coñecementos, habilidades e actitudes. Ningún outro recurso substitúe a achega que isto representa para a empresa, a organización e a estratexia. Os recursos humanos adecuadamente formados representan en esencia os verdadeiros recursos estratéxicos. ÁREA 3 garante o cumprimento destas premisas, independentemente do tipo de formación que esteamos a desenvolver.