ÁREA 3, a través da súa división de consultoría, presta servizos de asesoramento no ámbito laboral, fiscal e financeiro a empresas. A nosa metodoloxía levase a cabo sempre desde un punto de vista integrador, asumindo que coa toma de decisións en cada área require do coñecemento das demais. As empresas están inmersas nun contorno altamente competitivo e dinámico polo que é preciso dispor de profesionais especializados que dean resposta de forma precisa e rápida ás esixencias formuladas. Para iso, desenvolvemos unha liña de consultoría de empresa multidisciplinar, apoiada nun sistema de traballo eficaz e moderno, integrado por un equipo de profesionais de diversas titulacións, capaces de ofrecer solución óptimas e específicas a cada situación.