No actual contexto socioeconómico, aumentar a competividade do tecido empresarial, e especialmente das pequenas e medianas empresas, pasa, sen dúbida, por apostar por unha nova concepción da forma de facer negocio coas novas tecnoloxías, coa innovación e coa busca constante de mecanismos novos de financiamento, pois cobran un papel protagonista.

ÁREA 3 conta cunha acreditada experiencia na execución de proxectos europeos de I+D+i, durante todo o ciclo de vida destes, desde a presentación de propostas a diversas convocatorias para a obtención de financiamento, ata a execución e xustificación das actuacións realizadas nos proxectos aprobados.

Posuímos ademais numerosas referencias en traballos de asesoramento relacionados coa modernización e co fomento de accións innovadoras en pemes.

Temos unha destacable experiencia no desenvolvemento de proxectos de cooperación europeos cun elevado compoñente de I+D+i, e o asesoramento experto a pemes en materia de TIC e de innovación.

PROYECTOS