Calquera tipo de empresa posúe un denominador común: está constituída por persoas. Son estas as responsables tanto dos acertos como dos erros, e grazas a elas prodúcense avances e múltiples elementos diferenciadores. O persoal é o recurso máis prezado da empresa.

Por este motivo, se se encontra mal dirixido ou con escasa motivación, estase botando a perder o máis valioso potencial. Se os recursos humanos foron debidamente seleccionados de entre os posibles candidatos na selección de persoal, recibiron a formación máis indicada para o seu desempeño, formación de persoal, encóntranse dirixidos adecuadamente dirección de recursos humanos, e debidamente integrados no resto da organización a xestión e dirección de equipos de traballo, a sinerxía que se consegue entre as persoas e os restantes elementos da empresa é capaz de conseguir os resultados máis favorables.

Estas que nomeamos son só algunhas das estratexias que forman parte dunha adecuada xestión de recursos humanos en ÁREA 3, pero existen outras moitas. Un debido coñecemento e unha acertada integración de todas elas, repercute de forma altamente favorable nos logros e na constante evolución das empresas. Soamente a través das persoas, os demais recursos pódense utilizar con efectividade. De nada serven equipos ou recursos económicos e materiais ante un persoal inadecuado, escasamente formado, desmotivado ou poucointegrado nos obxectivos e metas da organización.