A evolución das empresas nos mercados actuais é complexa. Encóntranse suxeitas a permanentes e rápidas transformacións que afectan, practicamente por igual, calquera actividade e todas as áreas de negocio. Todos estes cambios comezan sempre sobre unha base tecnolóxica. Para iso, unha infraestrutura moderna, sólida e competitiva é unha condición indispensable para integrar as NT adaptándose á permanente evolución das organizacións. ÁREA 3 e FEIJOO, REGO & ASOCIADOS encamiñaron os seus esforzos nesta liña de negocio, para deseñar e para desenvolver proxectos especializados para cada empresa dirixidos a implementar ou integrar sistemas informáticos e actualizar os existentes. ÁREA 3 desenvolve as seguintes liñas de actuación dirixidas a resolver as necesidades das empresas no ámbito das TIC:

  1. Consultoría tecnolóxica, estudos de viabilidade, plans de informatización, auditorías informáticas en xeral e servizos integrais para a adaptación á normativa sobre a seguridade e a protección de datos (LOPD).
  2. Solucións integradas (ERP) para a xestión financeira, comercial e loxística das pequenas e medianas empresas.
  3. Solucións avanzadas para a xestión da relación co cliente (CRM) ou o seguimento de obxectivos empresariais mediante ferramentas de cadro de mando (CMI).
  4. Desenvolvemento de software para a realización de proxectos chave en man ou baixo a modalidade de fábrica de software seguindo os modelos de capacidade e madurez internacionais (CMMI).
  5. Consultoría e asistencias técnicas en contornos especialmente críticos e avanzados como Microsoft, Oracle, IBM, J2EE, Net.
  6. Solucións de comercio electrónico, desenvolvemento de portais e páxinas web, intranet e extranet para empresas e institucións.
  7. Solucións de pagamento por uso ou ASP para as diferentes aplicacións de xestión. Servizos de hosting, correo corporativo, copias de seguridade etc.
  8. Servizos de asistencia técnica para o mantemento e reparación de equipos e periféricos; instalación e mantemento de redes e sistemas de comunicacións.
PROYECTOS